Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

BÉCQUER

Gustavo Adolfo

É o poeta español que mellor encarna o movemento literario do Romanticismo tardío. Cunha poesía intimista e de sinxeleza expresiva, Bécquer traspasou as fronteiras do tempo e segue a considerarse un referente na escrita. Tamén foi un coñecido autor de relatos e un famoso xornalista, aínda que a fama alcanzouna coas súas poesías, publicadas de maneira póstuma.

¿Qué es poesía?

Dices mientras clavas en mi pupila tu pupila azul

¿Y tú me lo preguntas?

Poesía...

Eres tú

Fonte: Biografías y vidas | Autoría: Laura Filloy

¿Qué es poesía?

Segundo contan, casou coa filla do seu médico en 1861. Xunto a Casta Esteban, Bécquer tivo tres fillos pero nunca foi feliz. Fuxía longas tempadas da casa, a visitar a seu irmán Valeriano. De feito, esta foi a etapa máis fructífera da súa carreira onde non só escribiu a meirande parte das súas Leyendas, tamén Cartas literarias a una mujer e abundantes crónicas xornalísticas.

Naceu en Sevilla en 1836 no seo dunha familia de artistas. A traxedia pronto chegou á súa vida e con tan só dez anos quedou orfo. Foise vivir coa súa madriña e, grazas a ela, estudou Humanidades e Pintura. O seu espírito inquedo levouno a mudarse a Madrid en 1854 coa esperanza de forxar unha carreira literaria na capital.

Voltou a Sevilla con 22 anos, a causa dunha enfermidade. Durante a súa convalecencia escribiu a súa primeira lenda e coñeceu a Julia Espín. Unha muller de ollos verdes que habería de ser a musa dunha grande parte das súas Rimas.

Madrid non se converteu nun soño. Os seus proxectos literarios non tiveron éxito e dedicouse ao xornalismo para poder gañarse a vida.

Co seu traballo de censor de novelas mellorou a súa situación económica e puido dedicarse exclusivamente á literatura. Pero en 1868 perdeu o traballo e separouse da súa muller. Mudouse a Toledo, onde vivía seu irmán Valeriano, e reescribiu o manuscrito das súas Rimas.

Volveu a Madrid e continuou a súa carreira xornalística pero a tristeza chamaría de novo á súa porta. En 1870, en setembro, morreu seu irmán. Fondamente deprimido e enfermo entrega os orixinais das súas poesías a un íntimo amigo. O 22 de decembro dese mesmo ano, e con tan só 34 anos, morreu o poeta que marcou a literatura española.

Detalle dun dos retratos pintados por seu irmán Valeriano, datado de 1862