Want to make creations as awesome as this one?

Gráfico interactivo que representa la rehabilitación ambiental de la antigua mina de lignito de Meirama, convertida ahora en un lago.

Transcript

Compremetidos coa sostenibilidad:Rehabilitación ambiental Lago Meirama

En Gas Natural Fenosa estamos comprometidos coa explotación sostenible dos recursos naturais, que crea valor en todas as etapas do proceso. A rehabilitación ambiental da antiga mina de lignito de Meirama fai realidade ese compromiso.

Comezo da explotación mineira: a actividade da mina de Meirama estendeuse durante 28 anos e concluíu en 2008, após subministrarlle 94 millóns de toneladas de lignito á central térmica de Meirama.

Primeiro Plan de Restauración: a rehabilitación da terra comezou en 1985, cinco anos despois do inicio das operacións e ten acompañado todas as actividades da mina.

Finalización da explotación mineira e comezo da enchente do lago: a fase de rehabilitación ha continuar ata acadar a autorización administrativa correspondente, tanto de Augas de Galicia para o traspaso a Dominio Público Hidráulico do lago, coma da Consellería de Economía, Emprego e Industria para o peche e abandono dos traballos de minería.

Proxecto de regulación do lago mineiro: setembro de 2013. Hogano, Augas de Galicia xa rematou a primeira fase deste proxecto de regulación.

Presentación do libro "La biodiversidad en el lago de la mina de Meirama y su entorno" [en castelán]: un exhaustivo inventario zoolóxico e botánico levado a cabo polo equipo de especialistas da Estación de Hidrobioloxía do “Encoro do Con”, da Universidade de Santiago de Compostela. Este traballo identifica un total de 839 especies.

Final da enchente do lago: Plan de Vixilancia continuado: desde comezos da enchente, Gas Natural Fenosa leva un control estrito da calidade das augas, cun rexistro duns 494.000 datos ata maio de 2016. Para iso colabora co GEAMA (Grupo de Enxeñería da Auga e do Medio Ambiente) da Universidade de A Coruña e conta cos medios técnicos punteiros para controlar in situ as augas do lago.

Oceánico húmido, con temperaturas suaves, escasa variación térmica e choivas abundantes.

Meirama, no concello de Cerceda (A Coruña). Ver mapa Google maps

A central térmica de Meirama abasteceuse con carbón da mina ata 2008. A planta ten unha potencia instalada de 557 MW e produce electricidade abondo para abastecer a 650.000 fogares.

Carbón húmico que procede da fosilización de restos orgánicos vexetais. A orixe do xacemento de lignito de Meirama está asociada á acumulación de gran cantidade de restos vexetais nunha contorna lacustre durante o período Terciario. Trátase dun combustible de calidade media, doado de queimar aínda que o seu poder calorífico é relativamente baixo.

O investimento requirido para rehabilitar o complexo mineiro foi de 60 millóns de euros.

Gas Natural Fenosa leva a cabo, desde comezos da enchente, un estrito control da calidade das augas cun rexistro de máis de 300.000 datos. Para iso colabora co GEAMA (Grupo de Enxeñería da Auga e do Medio Ambiente) da Universidade de A Coruña e conta cos medios técnicos precisos para controlar in situ as augas do lago.

O lago de Meirama ten unhas dimensións de 2,2 quilómetros de longo por un quilómetro de largo. En maio de 2016 o lago acadou a súa cota de transbordo con 148 hm3 de auga de gran calidade, a cal se empregará, entre outras cousas, para que sirva como reserva hídrica para a cidade da Coruña e a súa área de influencia.

A rehabilitación ambiental ocupa unha superficie de 1.000 ha.

O terreo foi reforestado con 450.000 árbores de especies autóctonas, convertendo o lugar nun sumidoiro de CO2.

Trátase dun espazo propicio para o desenvolvemento da biodiversidade, con 839 especies vexetais e animais catalogadas, algunhas delas de especial valor de conservación.

A boa calidade das augas do lago de Meirama e a súa situación estratéxica na cabeceira da cunca, convérteno nun futuro reservatorio de auga para a cidade da Coruña e a súa comarca, o que supón un caso excepcional nun lago destas características.

A rehabilitación ambiental de Meirama ha permitir a integración na contorna da antiga explotación e suporá un impulso para o desenvolvemento económico-turístico da zona. Xa que os terreos aínda están afectados polo Dominio Público Mineiro, o acceso está restrinxido. Asemade, o lago conta cunha praia no extremo occidental en previsión dos futuros usos que poida regular a Administración Pública.

A plataforma de observación do lago de Meirama serviu, durante a inundación, como base para instalar equipos permanentes ou temporais de medición. Entre os primeiros, destaca unha estación meteorolóxica completa con lectura, rexistro e transmisión automática de parámetros meteorolóxicos relevantes para unha caracterización limnolóxica rigorosa do sistema. Pola súa banda, entre os equipos temporais destacan:

  • Mostradores automáticos (toma de mostras en profundidade)
  • Sondas multiparamétricas (perfís verticais para campañas de seguimento de produción primaria do lago ou seguimento de ensaios de trazadores)
  • Perfiladores ADCP (determinación de velocidade de correntes subacuáticas). Preto das plataforma de observación, instaláronse liñas de sensores térmicos (para seguimento á alta resolución da evolución térmica do lago) e trampas de sedimento (captura de materiais decantados). Asemade, nos tributarios do lago hai instaladas 9 estacións de control de caudal (de entrada e ecolóxico), así coma outras estación no aliviadoiro (sonda radar para mediar caudais e 2 phmetros).

A reforestación do terreo da antiga explotación por parte da nosa compañía fixo do lugar un pulmón verde e un sumidoiro de CO2.

A conservación deste espazo en continua rexeneración ha propiciar a presenza de especies de maior valor de conservación, que farán que este hábitat sexa un lugar propicio para o estudo e a divulgación dos valores naturais, contribuíndo ao mesmo tempo a un desenvolvemento cultural e patrimonial da zona na que se asenta.

Fai clic ou pasa co rato por riba dos distintos elementos interactivos da infografía